Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

OS AMIGOS

Viaxes Culturais

1998. Viaxe polas comarcas de Deza e Trasdeza

Viaxe nº 13

VIAXE POLAS COMARCAS DE DEZA E TRASDEZA

26 de abril de 1998

(En colaboración co Clube Cultural Valle Inclán)

PROGRAMA

- Saída de Lugo ás 9 h. Antigo mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Igrexa románica e gótica de San Pedro de Ansemil. Paraxe natural do Río Toxa (fervenzas, cascada e canles).

- Comida, probablemente en Bandeira.

- Pazo de Oca (visita, opcional –previo pago-, ós xardíns). Vista da Torre de Cira e do Val do Ulla. Igrexa e antigo mosteiro de San Salvador de Camanzo. Regreso polo val do río Arnego, Vila de Cruces e Agolada.

1997. Val do Mao, O Incio e Samos

Viaxe nº 12

VAL DO MAO, O INCIO E SAMOS

26 de outubro de 1997

PROGRAMA

Castro de Formigueiros e necrópole megalítica do Monte de Santa Mariña; igrexa de Santa María e priorato do Val do Mao; igrexa de San Pedro Fiz de Hospital e conxunto etnográfico da Ferreiría do Incio; comida organizada, se é posible, no Pazo de Romariz (Rendar); mosteiro e capela prerrománica de Samos; visita (breve, se hai tempo) ó convento da Madanela, O Salvador e Torre de Sarria.

1996. Ourense. Terras de Celanova e A Limia

Viaxe nº 11

OURENSE, TERRAS DE CELANOVA E BANDE, LOBIOS E PORTELA DE HOME, A LIMIA (VILAR DE SANTOS), TERRAS DE ALLARIZ

1 - 3 de novembro de 1996

PROGRAMA

VENRES 1:

Ourense: visita ó museo e á catedral. Pola tarde visita a Castromao e Celanova (mosteiro), onde dormiremos.

SÁBADO 2:

Campamento romano de Aquis Querquernis, igrexa visigoda de Santa Comba de Bande e dolmens de Maus de Salas. Xantar na aldea de Lobios das Olas. Visita á villae e termas de Riocaldo e a Portela de Home, para ver a colección de miliarios.

DOMINGO 3:

Museo de Vilar de Santos, Torre de Porqueira e vila de Allariz desde onde voltaremos a Lugo.

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro