Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

OS AMIGOS

Viaxes Culturais

1999. Norte de Portugal

Viaxe nº 16

NORTE DE PORTUGAL

30 – 31 de outubro e 1 de novembro de 1999

PROGRAMA

SÁBADO 30:

Lugo – Ourense – Porriño – Tui – Valença do Minho – Braga.

DOMINGO 31:

Citania de BriteirosGuimarães – Caldas de Vizela – Citania de Sanfíns – Paços de Ferreira – Amarante.

LUNS 1:

Vila Real – Santuario de Panoias – Vila Pouca de Aguiar – Balneario de VidagoChaves – Verín – Ourense – Lugo.

1999. Viaxe á Meseta Norte: Segovia, Tiermes, Clunia, Aranda de Duero, Valladolid

Viaxe nº 15

VIAXE Á MESETA NORTE: SEGOVIA, TIERMES, CLUNIA, ARANDA DE DUERO, VALLADOLID

15 – 17 de maio de 1999

PROGRAMA

SÁBADO 15:

Saída de Lugo para chegar a comer (por libre) a Segovia. Visita ó conxunto histórico: acueducto, catedral, igrexas de S.Martín, S. Esteban, etc., Praza Maior, Museo (se está aberto), Alcázar, igrexa da Veracruz, etc. Cea (por libre) e aloxamento no Hotel Acueducto.

DOMINGO 16:

Saída ás 9 h. para Tiermes, pasando por Riaza e Ayllón. Visita ó xacemento celtibérico e romano e ó Museo Monográfico de Tiermes. Comida en Tiermes, S. Esteban de Gormaz ou Burgo de Osma.

Pola tarde, Clunia, cunha breve parada para ver Peñaranda de Duero. Cea en Aranda de Duero e visita a esta vila. Aloxamento no Hotel Tres Condes.

LUNS 17:

Saída para Valladolid ás 9 h. Visita ó conxunto histórico de Valladolid: catedral, igrexas de S. Pablo, Sta. María la Antigua e outras, Colexio de Santa Cruz, Universidade, Portada de San Gregorio (os museos cerran os luns), etc. Despois de comer en Valladolid, saída para Astorga. Parada para dar un paseo polo recinto amurallado: restos arqueolóxicos visitables, catedral, muralla, palacio episcopal, etc. Compra de mantecadas e regreso a Lugo.

1998. Viaxe cultural ó Baixo Miño

Viaxe nº 14

VIAXE CULTURAL Ó BAIXO MIÑO

17 – 18 de outubro de 1998

PROGRAMA

SÁBADO 17

Visita a Tui: catedral, museo e conxunto histórico. Cea (por libre) e dormida no Hotel Colón.

DOMINGO 18:

Mosteiro de Oia. Conxunto arqueolóxico do Castro de Santa Tegra e Museo. A Guarda (comida). Calvario de Tabagón, adegas do Rosal e conxunto de muíños de folón e Torre e Forte de Goián.

(Se houbese tempo, visitaríase tamén Valença do Minho).

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro