Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

OS AMIGOS

Viaxes Culturais

22 de maio de 2016. LEMBRANDO DE NOVO A TERRA CHÁ DE MANUEL MARÍA. De Outeiro de Rei á Lagoa de Cospeito

Data límite para apuntarse, o 12 de maio.

 


2016. Ruta de D. Otto pola Chaira, 1ª etapa

 

Celebrarase o 15 de maio. Saída ás 9h. de diante o Seminario de Lugo en autobús ata Rozas. Desde ahí continuarase a pe, seguindo a Ruta de D. Otto pola Chaira (de Xosé Manuel Carballo), pasando polo Pazo do Colexio de Duancos, o Pazo e a Igrexa de Mondriz e a Igrexa de Ludrio ata a gasolineira de Ludrio (uns 5 km.); de aí en autobús ata Viladonga, onde se visitarán o Museo e o Castro. Ó terminar a visita, de novo no autobús ata Castro de Rei onde se fará o xantar na feira. Regreso a Lugo no autobús.

 

O prazo de inscrición remata o día 5 de maio.

 

Por mor das eleccións convocadas para o 26 de xuño, vémonos na obriga de cambiar a 2ª parte da Ruta de Don Otto, que se fará, posiblemente e mediante o oportuno anuncio previo, no último trimestre de 2016.


 

Viaxes para 2016

Nos meses de maio e xuño está previsto realizar a Ruta de D. Otto pola Chaira a partir do libro homónimo de Xosé Manuel Carballo Ferreiro, publicado en 1994, en dúas etapas: o día 15 de maio, de Rozas a Viladonga e o 26 de xuño, de Viladonga a Castro de Rei polo Azúmara.

Ademais, en colaboración co Clube Cultural Valle Inclán de Lugo está previsto realizar as seguintes viaxes:

22 de maio
Lembrando de novo a Terrá Chá de Manuel María. A ruta iniciarase no regato literario do Cepelo, con parada obrigada na Casa-Museo do Manuel, facendo logo unha ofrenda floral no camposanto de Outeiro de Rei e baixando ata a simbólica carballeira de Sta. Isabel. Outros puntos do percorrido relembrarannos tamén a figura do escritor: as Penas de Rodas, Vilalba, a Lagoa de Cospeito ou o Castro de Viladonga.

O prazo de inscrición remata o 12 de maio. 

5-8 de maio
As cidades de Cuenca. Breve visita a Tarancón e a continuación Cuenca coa súa Cidade Vella situada entre os ríos Júcar e Huécar e a Catedral medieval, os museos e as Casas Colgadas, entre moitos outros elementos patrimoniais. Non lonxe, na Serranía de Cuenca, visitaranse as caprichosas formas naturais da Cidade Encantada, e ó sur os restos monumentais da cidade romana e visigótica -pero de raíces ibéricas- de Segóbriga.

 


Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro