Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

OS AMIGOS

A Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

En febreiro de 1989, cando o Museo levaba aberto ao público algo máis de dous anos, un grupo de persoas vinculadas á cultura e ao traballo en patrimonio cultural lucense e galego promoveron a Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, que se constituíu naquela data con 25 socios fundadores. Moi logo, a Asociación desenvolveu un traballo moi positivo para o Museo e o Castro anexo, tanto na súa promoción e difusión como no apoio en todo tipo de actividades, adquisicións bibliográficas (xa que de bens patrimoniais non ten maior sentido neste Museo), etc.

 

Ademais de organizar viaxes e outras actividades culturais, entre as que se pode destacar a colaboración nas celebracións asociadas ao o Día Internacional dos Museos ou a realización de reproducións e réplicas de pezas do Castro e outros produtos culturais que serven de promoción deste conxunto patrimonial, fitos claves na historia da Asociación foron en 1991 o inicio da edición do Boletín CROA e a saída en internet dun completo sitio web en 1997.

 

Máis de douscentos socios sosteñen hoxe a Asociación e avalan o seu traballo de colaboración permanente co Museo e, por extensión, no coidado e divulgación do patrimonio cultural.


Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro