Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

OS AMIGOS

A ruta do río Azúmara

A Asociación de Amigos da Feira de Castro de Rei preparou, despois de traballar arreo, unha Ruta de Sendeirismo que vai desde o Castro de Viladonga ata a capital do concello, Castro de Rei (ou viceversa).

Esta ruta, aberta e sinalizada desde xuño de 1998, atravesa zonas de monte subindo ata o Cordal e vai logo polas beiras do río Azúmara (do que toma o seu nome), a carón de vellos muíños e singulares pontellas entre outras mostras de arquitectura popular, nun entorno onde aínda é posible disfrutar da vexetación autóctona galega.

O camiño pasa tamén a través das antigas instalacións da mina de pirita arsenical de Toxeiros Vellos, na que se acondicionou incluso a boca da galería que levaba cegada desde os anos corenta.

A Ruta do Azúmara, que pode seguirse utilizando un folleto de man escrito polo autor lucense Lois Diéguez, é un exemplo de colaboración entre veciños para a potenciación e promoción dos valores naturais, patrimoniais e mesmo turísticos dunha comarca histórica como a de Castro de Rei.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro