Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

OS AMIGOS

Novas

ASEMBLEAS XERAIS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA. 2015
04/12/2015, Salón de Actos do Museo

O pasado sábado 28 de noviembre celebráronse, no Salón de Actos do Museo do Castro de Viladonga, as asembleas ordinaria, correspondente ó ano 2015, e extraordinaria, ás que estaban convocados todos os socios.

 

Na asemblea extraordinaria, en cumplimento do Artigo 26 dos Estatutos, procedeuse á elección dos cargos de presidente, secretario e vogal 1º, que recaeron respectivamente en Felipe Arias Vilas, Lidia Aurora López López e Manuel Cuba Rodríguez.

 

Como todos os años fíxose despois a habitual comida de irmandade.

ASEMBLEAS XERAIS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 2015
12/11/2015, Salón de Actos do Museo

O vindeiro 28 de novembro de 2015, sábado, celebraranse as Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria da Asociación, ás 11’30 h. en primeira convocatoria e ás 12 h. en segunda e definitiva, a Ordinaria e, ó seu remate, a Extraordinaria, coas seguintes Orde do día:

Asemblea Xeral Ordinaria:
1.- Lectura da acta da asemblea anterior e aprobación, se procede.
2.- Estado de contas e peche do exercicio económico 2014-2015.
3.- Orzamento de ingresos e gastos previstos para 2016.
4.- Memoria de actividades da Asociación no último ano.
5.- Altas e baixas de socios/as.
6.- Informe da Dirección do Museo.
7.- Proposta -aberta- de actividades para 2016.
8.- Comunicados, rogos e preguntas.

Asemblea Xeral Extraordinaria:
Elección de cargos da Xunta Directiva ós que corresponde cesar segundo o artigo 26 dos Estatutos: Presidente, Secretario e Vocal 1º, actualmente desempeñados por Xosé Manuel Carballo Ferreiro, Lidia Aurora López López e Ánxeles López Carballo.

Poderán presentar candidaturas, individuais ou conxuntas, para ocupar os referidos cargos ou a totalidade da xunta directiva, os socios maiores de idade e cun ano de antigüidade na Asociación, por escrito ou “in voce” ata o mesmo día da asemblea.



Ó rematar farase o habitual xantar de irmandade. Para poder organizalo axeitadamente, as persoas que desexen asistir deben comunicalo antes das 19 horas do luns 23 de novembro nos teléfonos 982 314 255 ou 982 314 194, ou polo correo electrónico amigos@aaviladonga.es.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN. 2014
01/12/2014, Salón de Actos do Museo

O pasado sábado 29 de novembro celebrouse, na Sala de Actos do Museo do Castro de Viladonga, a asemblea ordinaria correspondente ó ano 2014 á que estaban convocados todos os socios ás 11,30 en primeira convocatoria e ás 12 en segunda e definitiva.


Coma todos os anos fíxose despois o habitual xantar de irmandade.

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro