Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Accesibilidad.

LA CULTURA CASTREÑA

A Cultura Castrexa podería definirse aquí, para entender tan siquera nunha apretada síntese o contexto histórico no que se inscribe o Castro de Viladonga, coma o conxunto de coñecementos materiais e ideolóxicos e de comportamentos que caracterizan á sociedade humana que habita nos castros, como poboados ou asentamentos xeralmente ben defendidos que definen esta Cultura. Sabemos dela a través das informacións que nos dan a arqueoloxía, a epigrafía, as fontes escritas ou textuais e tamén, dalgún xeito, a etnografía.

Desenvolveuse durante a ldade do Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade do Bronce, coa conxunción dos rasgos propios do Noroeste precastrexo coas influencias culturais centroeuropeas (de raíz céltica nalgúns aspectos como a lingua), atlánticas e tamén mediterráneas. Coincidiría todo isto cun período cismático subatlántico, caracterizado por un aumento da temperatura e da humedade que provocaría a expansión das zonas boscosas e húmedas, abrigando en certo modo ós primeiros castrexos a extenderse e asentarse en poboados situados nas zonas altas e ben protexidas: os castros.

A primeira ocupación dos castros habería que buscala, pois, no final da Idade do Bronce, entre os séculos VII e VI a.C.; Penarrubia (Lugo) (do que se acompaña unha fotografía) pode ser un exemplo destes primitivos castros (xunto con Penalba ou Torroso na provincia de Pontevedra, A Graña na da Coruña e outros).

A súa área de extensión e de influencia chega, cando menos, ós ríos Navia e Túa polo Leste e ó Douro polo Sur, e dentro dela pódense ubicar nun mapa algúns castros de época prerromana e romana escavados total ou parcialmente desde hai décadas ou en tempos máis recentes.

Cronoloxicamente, a Cultura Castrexa propiamente dita vai desde o século VI ou V antes de Cristo ata o cambio de Era ou ata mediados do século I d.C. aproximadamente. Pero varios autores que se ocupan dela establecen unha serie de fases ou etapas nese amplo abano cronolóxico, e incluso actualmente sabemos que existe unha Cultura dos Castros que pervive e evoluciona, tamén en diferentes etapas, despois da integración da Gallaecia

O Castro como configuración arqueolóxica externa e máis visible desta cultura, obedece fundamentalmente a tres tipos:

- Castros de interior, (coma o de Coaña en Asturias ou o mesmo de Viladonga entre outros tamén monumentais), que son o tipo máis frecuente e característico, emprazados en outeiros ou elevacións máis ou menos destacadas pero raras veces en grandes ou altos cumios. En xeral son de planta circular ou ovalada e cun ou varios circuitos amurallados.

- Castros situados en zonas montañosas de maior altitude, (coma os de Vilar no Courel ou Xegunde na Fonsagrada), localizados xeralmente nas ladeiras e de forma oval, con foxos artificiais polo lado superior e murallas ou terraplén cara ó val. O seu desenvolvemento foi sobre todo en época romana, vencellados ás explotacións mineiras destas comarcas orientáis galegas.

Castros costeiros, (coma os de Baroña no Porto do Son ou Fazouro en Foz), que son moi abundantes no litoral galego; xeralmente son de esquema simple e ben definido aínda que existen variantes segundo a configuración xeolóxica e xeográfica de cada zona, coma o caso singular e moito máis complexo de Santa Trega sobre a boca do río Miño. Son de planta variada, adaptándose ó terreo, e no tipo máis característico as defensas naturais do lado do mar vense complementadas con murallas e foxos cara ó interior.

A economía castrexa tiña unha base agrícola (cereais, leguminosas, etc.) e gandeira-pastoril (vacas, cabalos, porcos, ovellas ... ), pero tamén se practicaba a caza, a pesca e o marisqueo, e a recolleita de froitos (de árbores frutais, landras, máis tarde castañas... Desenvolven asimesmo unha relativamente importante laboura mineira e metalúrxica, que dará lugar entre outras cousas a unha senlleira ourivería.

Tamén xogou un papel destacaba o trabarlo da pedra, non só como actividade constructiva senón como traballo artesán e artístico.

Outra das actividades económicas que mellor quedou plasmada na arqueoloxía ó longo de toda a Cultura Castrexa, foi a elaboración de cerámica, cunha producción sobre todo local ou rexional, pero con sinais de certa "comercialización" entre as diversas áreas. Tamén se documenta arqueoloxicamente a actividade téxtil, pola aparición en case tódolos castros de fusaiolas ou cosoiros para o fuso, pesas de tear ou agullas de bronce, no que sería seguramente unha producción familiar ou doméstica.

A sociedade castrexa tiña moi posiblemente unha distribución desigual da riqueza, e polo tanto existía certa estratificación social con rasgos de xerarquización interna, o que para algúns autores tamén incidiría no presunto carácter "belicoso" do que nos falan algunhas fontes textuais e que mesmo nos indicarían as propias defensas dos castros; sen embargo, estas obedecen tamén a razóns de prestixio e de delimitación simbólica do espacio habitado e, ademais, moitas delas foron levantadas ou ampliadas xa baixo o dominio de Roma.

Por outra parte, a escasez relativa de achados de armas, tanto ofensivas como defensivas, tampouco non corrobora aquel carácter guerreiro polo menos de xeito constante e habitual.

A existencia de xoias, coma os torques, como símbolo de mando e autoridade, e como indicador de certo poderío social, debeu ser algo común no conxunto da Cultura dos Castros do Noroeste.

As inscricións de época galaico-romana conteñen moitos nomes de divindades de orixe indíxena, o que quere dicir que no mundo castrexo existía un abundante panteón relixioso, (en contra do que di o escritor romano Estrabón), ademais de posibles cultos ou ritos asociados ou relacionados con forzas, elementos ou manifestacións da Natureza.

A Cultura Castrexa deixou numerosos restos materiais, a maiores dos propios xacementos antes xa sinalados.

A ourivería representa a culminación artística dunha actividade económica e artesá con fondas raíces na Idade do Bronce. O uso das xoias debeu revestir unha singular importancia social, unida ás veces a unha función xerárquica, ademais do seu valor ornamental, distintivo e, por suposto, intrínseco.

Esta ourivería ten unhas raiceiras propias, que irán recibindo influencias centro-europeas e máis tarde tamén mediterráneas; o resultado desta conxunción produce xoias coma os torques (colares ríxidos que se curvan sen chegar a cerrarse e que coñecen unha gran variedade de tipos), bracearas, pendentes e arracadas, colgantes e amuletos, espiráis e anelas para o cabelo, e outros obxectos de uso tanto masculino coma feminino.

A escultura caracterizase sobre todo polos seus volumes esquemáticos e xeométricos, e abunda especialmente na metade Sur da área castrexa. Boa parte dos seus menores exemplares atribúese á etapa de transición entre o mundo propiamente castrexo e a época galaico-romana, isto é, entre o s. I a.C. e o I d.C. Hai mostras de escultura exenta, coma os guerreiros de Armea (Ourense) ou Vizela (Portugal), ou cabezas como a de Rubiás (Ourense), e outras feitas para adosar ou empotrar, como as cabezas de Barán (Lugo) ou as representacións de testas de animáis sobre todo na área S.e S.E. de Galicia.

Tamén coñecemos elementos de decoración arquitectónica en xambas, linteis, amarradoiros para o gando e outras pedras de uso indeterminado con figuración de trisqueis, tetrasqueis e outras formas astrais, rosáceas, entrelazos, liñas, etc.

A cerámica adoita se-lo elemento arqueoióxico máis abundante entre os achados producidos nos xacementos castrexos, predominando a feita a man sobre a realizada a roda ou torno, polo menos ata o s. I a.C. en que este último sistema se puido xeneralizar aínda que sen substituir nunca por completo ó anterior.

As formas máis comúns son as globulares ou esferoides, máis ou menos estilizadas e adaptadas á súa función, en diferentes tamaños; se teñen decoración, esta ocupa normalmente os bordes, colos e panzas das vasillas, con temas xeométricos e esquemáticos similares ás da ourivería e a escultura.

Hai outros elementos desta cultura material castrexa de moi diverso tipo e función: armas coma as espadas ou puñais "de antenas" (coma o do Furco -Becerreá, Lugo-, ou os do mesmo Viladonga), así como útiles ou adornos variados, coma os alfinetes ou os numerosos tipos de fíbulas ou prendedores da vestimenta, ferramentas, etc.


Artigo de

Autor
Felipe Arias Vilas
Mª Consuelo Durán Fuentes

Publicación orixinal
Museo do Castro de Viladonga, 1996, pp. 31-37

Versión electrónica
Enrique Jorge Montenegro Rúa
http://www.aaviladonga.es/e-castrexo/ga/mgvds031.htm

 

Castros costeiros, (coma os de Baroña no Porto do Son ou Fazouro en Foz), que son moi abundantes no litoral galego; xeralmente son de esquema simple e ben definido aínda que existen variantes segundo a configuración xeolóxica e xeográfica de cada zona, coma o caso singular e moito máis complexo de Santa Trega sobre a boca do río Miño. Son de planta variada, adaptándose ó terreo, e no tipo máis característico as defensas naturais do lado do mar vense complementadas con murallas e foxos cara ó interior.

A economía castrexa tiña unha base agrícola (cereais, leguminosas, etc.) e gandeira-pastoril (vacas, cabalos, porcos, ovellas ... ), pero tamén se practicaba a caza, a pesca e o marisqueo, e a recolleita de froitos (de árbores frutais, landras, máis tarde castañas... Desenvolven asimesmo unha relativamente importante laboura mineira e metalúrxica, que dará lugar entre outras cousas a unha senlleira ourivería.

Tamén xogou un papel destacaba o trabarlo da pedra, non só como actividade constructiva senón como traballo artesán e artístico.

Outra das actividades económicas que mellor quedou plasmada na arqueoloxía ó longo de toda a Cultura Castrexa, foi a elaboración de cerámica, cunha producción sobre todo local ou rexional, pero con sinais de certa "comercialización" entre as diversas áreas. Tamén se documenta arqueoloxicamente a actividade téxtil, pola aparición en case tódolos castros

Copyright © 2010 | Castro de Viladonga. Todos os dereitos reservados

Logo Castro