Museo Arqueolóxico 27259 - Castro de Rei Lugo |
![]() |
HORARIO DE VISITA
Museo:
Aberto tódolos días (agás 24, 25 e 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro).
De marzo a xuño, e setembro-outubro: de 10 a 20 h.
De novembro a febreiro: de 10 a 19 h.
Xullo a agosto: de 10 a 21 h.
Entrada normal, 2'4 euros. Entrada reducida, 1'2 euros.
Entrada gratuita para menores de 18 anos e maiores de 65, membros da Asociación de Amigos, grupos organizados, etc., e para todo o público os Sábados pola tarde e os Domingos todo o día.
Entrada gratuíta asimesmo sempre que haxa algunha Exposición Temporal no Museo
Castro:
Entrada libre e gratuita todos os días, en horas diurnas.
BREVE HISTORIA DO MUSEO
A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións aquí feitas desde 1971, e a necesidade de investigalos e expoñelos no seu propio contexto, fixeron que en 1983 o Ministerio de Cultura crease o MUSEO MONOGRÁFICO DO CASTRO DE VILADONGA, nun edificio que fora construído nos anos setenta. O seu acondicionamento, instalación e montaxe tivo lugar en 1985-1986, abríndose ó público neste último ano. En 1989 transferiuse a súa xestión á Xunta de Galicia. Entre 1992 e 1994 fixéronse unhas importantes obras de reforma e ampliación coa construcción dun novo edificio a continuación do xa existente, coa subseguinte dotación, nos anos posteriores, da infraestructura e do persoal necesario para o desenvolvemento de todas as súas funcións museísticas e patrimoniais, ligadas ó propio xacemento castrexo e galaico-romano.