1.- Aliaxe de metais moi usada antes do descubrimento do ferro
2.- Prendedor ou broche utilizado na antigüidade a xeito de
"imperdible"
3.- Acrópole ou parte dun castro onde se atopa a maior parte das
construccións
4.- Peza do fuso, de forma circular e cun burato no centro, feita de
cerámica ou de pedra
5.- Muro grande que defende e delimita un castro
6.- Parte do traballo do arqueólogo que consiste no desenterramento
metódico e sistemático de construccións e obxectos
7.- Sistema de defensa que se alterna ou complementa coas murallas dun
castro
8.- Colar aberto e ríxido, de ouro ou doutros metais, usado polos
castrexos
9.- Ciencia ou método que estudia as etapas da Historia por medio dos
restos materiais (formas do terreo, construccións, útiles, etc.)
10.- "Terra .......................", termo latino que define
unha cerámica romana de mesa de cor avermellada que aparece con relativa abundancia no
Castro de Viladonga