| EXPOSICIÓNS TEMPORAIS Museo do Castro de Viladonga |
| También en español |
![]() |
O Museo do Castro de Viladonga elabora periódicamente exposicións temporais sobre temas relacionados co ámbito do Museo e do seu xacemento anexo, ou sobre cuestións relativas ó Patrimonio Cultural, maiormente de Lugo e da súa Terra Chá. En xeral, estas exposicións concíbense como itinerantes, é dicir, non son excesivamente grandes nin costosas de trasladar e instalar, e polo tanto ofrécense a outros museos, institucións, centros de ensino, asociacións ou entidades culturais e/ou científicas, etc., que só teñen que encargarse do transporte (e da póliza do seguro se a exposición conleva o traslado de pezas ou bens culturais), desde o sitio onde estea a exposición (Viladonga ou calquera outro) ata o lugar onde se quere instalar. |
| EXPOSICIÓNS DISPOÑIBLES NESTE MOMENTO | |
DO XACEMENTO Ó MUSEO | ![]() |
Consta de 12 módulos que se converten en paneis autoportantes, cunha bandeirola extensible de 0'90 m. de ancho e 2'15 m. de alto, moi lixeiros e transportables, así como dunha vitrina exenta de 85 cm. de alto e 40 cm. de lado, para expoñer unha peza arqueolóxica e varios útiles de traballo arqueolóxico e museístico. Precísanse uns 20 m. lineais para expoñela, pero poden reducirse facendo composicións cos paneis ou eliminando a vitrina. |
|
OS TRABALLOS ARTESANAIS NO CASTRO DE VILADONGA (producida en 2000) - Ilustra, de xeito resumido, sobre as actividades e oficios documentados no xacemento. | ![]() |
Consta de 9 paneis de madeira cos seus soportes prismáticos, de 1'30 m. de ancho (co pé) e 2 m. de alto, así como de 7 vitrinas de dimensións similares e 60 cm. de fondo. As vitrinas, de madeira e cristal, están pensadas para expoñer entre 30 e 40 pezas dos fondos de reserva do Museo que ilustran o tema da exposición, pero tamén é factible facer esta soamente cos paneis informativos. Para instalala completa precísanse uns 25 m. lineais, que poden reducirse facendo composicións conxuntas cos paneis ou eliminando algunha vitrina. |
|
ARQUEOLOXÍA LUCENSE DESDE O AIRE (producida en 1998) - Ilustra sobre o valor da fotografía aérea en arqueoloxía, con vistas aéreas e textos sobre xacementos lucenses (maiormente castrexos e galaico-romanos). | ![]() |
Consta de 28 paneis de madeira autoportantes, de 1'10 m. de ancho e 2'10 m. de alto. Precísanse uns 35 m. lineais para expoñela pero poden reducirse facendo composicións diversas cos paneis ou eliminando algúns destes. |
|
Para solicitar calquera destas exposicións temporais, hai que poñerse en contacto co Museo, que informará da situación e dispoñibilidade de cada exposición e, se é o caso, do calendario previsto para a súa itinerancia. | ![]() |
| MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA
27259 - Castro de Rei (Lugo) |
|
| OUTRAS EXPOSICIÓNS EXHIBIDAS NO MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA |
![]() |
A TERRA SIGILLATA DO CHAO SAMARTÍN (2006) Coordinada polos Museos Arqueológicos de Gijón, a exposición pretende amosar, de xeito didáctico pero sen renunciar a formulacións científicas, a importancia que tivo a romanización neste área do Imperio a través deste conxunto cerámico. |
![]() |
ARQUEOLOXÍA, LEXISLACIÓN E SOCIEDADE Producida polo Museo do Castro de Viladonga con motivo da exposición ó público do recente hachado de dous torques que provisionalmente atópanse depositados neste museo. |
|
![]() |
ANTONIO GARCÍA Y BELLIDO E A ARQUEOLOXÍA DO NOROESTE PENINSULAR (2003) Producida polo Museo de León, contén piezas deste mesmo centro, do Museo Arqueolóxico de Asturias e da Aula Arqueolóxica de Campa Torres. [máis información] |
![]() |
MENCIÑA VERMELLA (2002) Exposición-instalación de arte minimalista de Bernardo Tejeda, na que ponse en contraposición os materiais arqueolóxicos coas novísimas tendencias plásticas. |